jueves, 3 de marzo de 2011

Entroido na FCSC

Benqueridos lectores, este ano, dende a organización de SantaKata queremos facer algo novo para celebrar por todo o alto o entroido pontevedrés! Así que, por primeira vez na historia, mañán a partir das dúas da tarde, podrás achegarte á Facultade de Ciencias Sociáis e da Comunicación a participar connosco en unha gran festa á que todo o mundo está convidado! Disfrutaremos de comidas típicas de estas datas como filloas e orellas. Ademáis, tamén podrás comer bocadillos e refrescar a gorxa con un par de cervexas, todo a prezos de estudiantes, claro! Non olvides que estamos en entroido, polo que é moi recomendable vir disfrazado!





E pola noite, se as forzas non vos escasean, e somos universitarios, sabemos que eso non pasará, a festa continúa onde sempre, no Pub Créme, con chupitos a 1€ e copas a 3.50 ata as 3.30! Ah, e pola noite habrá concurso de disfraces, así que quedades sen excusa!





No hay comentarios:

Publicar un comentario