miércoles, 27 de abril de 2011

O gran día

Xa sabes que día é mañá, verdad?? Pois si, o máis esperado de todo o curso, por fin chega Santa Kata a Pontevedra. E este ano, vimos cargados de novidades! Para empezar, este ano cambiouse a ubicación da festa. Por problemas de aforo, transladouse ó recinto ferial de Pontevedra, con unha capacidade maior para albergar a visitantes! Para os que veñen dende fora de pontevedra, está en dirección ó Campus, pero 5 minutos a pe antes.

Como todos os anos anteriores, a festa comezará as 12.00, hora na que abriremos as barras. Aquí vos deixo a lista de prezos:


-CAÑAS, augas e refrescos 1 eurillo

-LITRO de cervexa e mocho 3,50
-RED BULL 1,50
-BOCATAS de tortilla, lomo con queixo e criollo 2,50

-FILLOAS de postre 1 euro

Ademáis, tamén as 12 habilitaremos 2 futbolíns para os aficionados de este deporte! 

Pola tarde, o ambiente será alegrado por Dj´s, que nos traerán algunha que outra sorpresiña, e os seguintes concertos, que comezarán as 15.00:


15:00-15:45 All Less One

16:00-16:45 Funk'n Bastards
17:00-17:45 The Inspectors
18:00-18:45 The Siberets
19:00-19:45 De Buena Tinta



E como ven sendo habitual, podrás comprar a túa equipación oficial para Santa Kata a prezos increíbles e en unha zona que habilitaremos para tal fin! os prezos son:

Camiseta  6.5€
Sombreiros:  3.5€
Mecheiro:  1€
Kit (Camiseta, sombreiro, mecheiro e mochila):  10€
Kit sen mochila:  8.5€




Boa festa queridos lectores, e que a Forza sexa con vos!

martes, 12 de abril de 2011

Inauguración de Cultukata


Oxe, ás 12.00, inauguramos Cultukata na planta baixa da FCSC, esperamos que todos vos acerquedes a ver as grandes sorpresas que vos temos preparadas!!

miércoles, 6 de abril de 2011

Checa a camiseta de Santa Kata!

O pasado fin de semán, abriuse o prazo para a presentación de diseños ó concurso da camiseta de Santa Kata, as bases, ó igual que todos os anos, estipulaban como premio o Kit de Santa Kata e como método de selección, sufraxio entre todos os estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Unha vez cerrado o prazo, xa temos 16 propostas que optan ó premio. O mércores 6 ata as 6 da tarde e o xoves 7 ata as 2, estarán todos os diseños espostos na FCSC, así como unha urna dispoñible para que todos podades votar!


Sen máis, déixovos unha foto de cada diseño!

































miércoles, 30 de marzo de 2011

Festa No Cumpleaños


Mañan, en colaboración co Grupo Pont-E, celebraremos, en honor a todos aqueles que non puderon celebrar o seu cumpleanos o longo do curso, a festa No Cumpleaños.
Por eso, convidámosvos a achegaros á Facultade de Ciencias Sociais, onde os chicos de Pont-E estarán dende as 10 da mañá ofrecendo a todo o mundo postres varios e refrescos. E a partir das dúas, comenzará a festa, con música e bebida.bebida.




E como todos sabemos que o día non remata pola tarde, como cada xoves, esperámosvos no pub Crème, para poder continuar coa celebración de tódolos nosos non cumpleanos como se merecen, con copas a 3.50 e chupitos a 1€. 



Esperámoste para celebrar o teu non cumpleanos!

jueves, 3 de marzo de 2011

Entroido na FCSC

Benqueridos lectores, este ano, dende a organización de SantaKata queremos facer algo novo para celebrar por todo o alto o entroido pontevedrés! Así que, por primeira vez na historia, mañán a partir das dúas da tarde, podrás achegarte á Facultade de Ciencias Sociáis e da Comunicación a participar connosco en unha gran festa á que todo o mundo está convidado! Disfrutaremos de comidas típicas de estas datas como filloas e orellas. Ademáis, tamén podrás comer bocadillos e refrescar a gorxa con un par de cervexas, todo a prezos de estudiantes, claro! Non olvides que estamos en entroido, polo que é moi recomendable vir disfrazado!





E pola noite, se as forzas non vos escasean, e somos universitarios, sabemos que eso non pasará, a festa continúa onde sempre, no Pub Créme, con chupitos a 1€ e copas a 3.50 ata as 3.30! Ah, e pola noite habrá concurso de disfraces, así que quedades sen excusa!





martes, 22 de febrero de 2011

Ven a almorzar con nós!

Volven os tan queridos por todos almorzos de Publi! Xa non tes por qué madrugar todos os días para poder tomarte un almorzo decente, ahora podes vir todos os mércores a zamparte, por un módico prezo, magdalenas, bizcochos e outros postres, doces ou non, de facturación caseira. Garantizamos que atoparás a máxima calidade e os mellores productos de todo o campus!




domingo, 13 de febrero de 2011

Chega a festa máis esperada, Festa Superheroes!

Chegou o momento que todos estabamos agardando. Por fin chega a festa máis esperada de todas, a Publifesta Superheroes. Batman, Spiderman, Superman, Lobezno, Wonderwoman, Flash, Green Hornet, Magneto, Hellboy, La Masa, Mr Fantástico, Dr Octopus, El Comediante, El Jocker, Catwoman, Ironman, Daredevil, Capitán América, Thor ou incluso Superlópez. Todos eles, bos e malos, con e sin poderes, para ben ou para mal, marcaron a nosa infancia. E siguen marcandonos oxe en día! Ahora temos a oportunidade de rendirlles homenaxe na próxima Publifesta. Ven o Creme disfrazado de Superheroe, ou supervillano, e, ademáis de unha noite inolvidable, consigue fantásticos premios. 




Polo demáis, se tampouco vos queredes disfrazar, cousa incomprensible pero posible, non vos preocupedes de nada, pois, como sempre, teremos chupitos a 1€ e copas a 3.50 ata as 3:30. Convidámosvos ó acontecemento máis importante do ano, exceptuando Santa Kata.