miércoles, 27 de abril de 2011

O gran día

Xa sabes que día é mañá, verdad?? Pois si, o máis esperado de todo o curso, por fin chega Santa Kata a Pontevedra. E este ano, vimos cargados de novidades! Para empezar, este ano cambiouse a ubicación da festa. Por problemas de aforo, transladouse ó recinto ferial de Pontevedra, con unha capacidade maior para albergar a visitantes! Para os que veñen dende fora de pontevedra, está en dirección ó Campus, pero 5 minutos a pe antes.

Como todos os anos anteriores, a festa comezará as 12.00, hora na que abriremos as barras. Aquí vos deixo a lista de prezos:


-CAÑAS, augas e refrescos 1 eurillo

-LITRO de cervexa e mocho 3,50
-RED BULL 1,50
-BOCATAS de tortilla, lomo con queixo e criollo 2,50

-FILLOAS de postre 1 euro

Ademáis, tamén as 12 habilitaremos 2 futbolíns para os aficionados de este deporte! 

Pola tarde, o ambiente será alegrado por Dj´s, que nos traerán algunha que outra sorpresiña, e os seguintes concertos, que comezarán as 15.00:


15:00-15:45 All Less One

16:00-16:45 Funk'n Bastards
17:00-17:45 The Inspectors
18:00-18:45 The Siberets
19:00-19:45 De Buena Tinta



E como ven sendo habitual, podrás comprar a túa equipación oficial para Santa Kata a prezos increíbles e en unha zona que habilitaremos para tal fin! os prezos son:

Camiseta  6.5€
Sombreiros:  3.5€
Mecheiro:  1€
Kit (Camiseta, sombreiro, mecheiro e mochila):  10€
Kit sen mochila:  8.5€




Boa festa queridos lectores, e que a Forza sexa con vos!

martes, 12 de abril de 2011

Inauguración de Cultukata


Oxe, ás 12.00, inauguramos Cultukata na planta baixa da FCSC, esperamos que todos vos acerquedes a ver as grandes sorpresas que vos temos preparadas!!

miércoles, 6 de abril de 2011

Checa a camiseta de Santa Kata!

O pasado fin de semán, abriuse o prazo para a presentación de diseños ó concurso da camiseta de Santa Kata, as bases, ó igual que todos os anos, estipulaban como premio o Kit de Santa Kata e como método de selección, sufraxio entre todos os estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Unha vez cerrado o prazo, xa temos 16 propostas que optan ó premio. O mércores 6 ata as 6 da tarde e o xoves 7 ata as 2, estarán todos os diseños espostos na FCSC, así como unha urna dispoñible para que todos podades votar!


Sen máis, déixovos unha foto de cada diseño!