jueves, 18 de noviembre de 2010

Mañá, festa Catro Ollos

A organización de Santa Kata non descansa! Por se non te enteraras, mañá, como todos os xoves, volvemos a facer festa no Créme. Será a Festa Catro Ollos. Achégate ata alá cas gafas máis orixinais que se te ocurran e podrás ganar unha ronda de chupitos gratis! Ademáis, como sempre, teremos copas a 3.50 ata as 3.30 da mañá e os vosos queridos chupitos a 1 €uro!


E por se todavía te estás pensando o de vir á festa ou non, deixovos un par de fotos da festa do xoves pasado, para ir abrindo apetito!


Aquí tendes a todo un Dandy de Texas!


Outro gran photocall!


Festa Las Vegas, non flamenca, pero bueno...


Quen di un par de fotos, di catro...

PD: Mañá todavía podedes apostar na Porra de Santa Kata. Esta semán, Real Madrid - Athletic e Villareal - Valencia. Xa hai 30 euros de bote! Sorte!


miércoles, 10 de noviembre de 2010

Festa Las Vegas

Mañan, como xa ven sendo costume, celebraremos unha nova publifesta no Crème, a Festa Las Vegas. Trae a túa carta e entrarás no sorteo de un fantástico maletín de Poker. Por se eso fora pouco, teremos os chupitos de sempre e as copas a 3.50 ata as 3.30 da mañá. Ademáis, a lista de música será temática! Sabemos o que vos gusta, así que, fai falta que vos contemos máis? Esperámosvos a todos no Crème, amigos!


Quen non foi ó magosto?

Xa tiñades ganas de ver unhas cuantas fotos do xoves pasado verdade? Foi unha festa increíble. Moitos bocadillos, moitas castañas, moitas filloas e moitas, moitísimas cervezas! Estivemos con música dende as 12 do mediodía ata as 9 da tarde. Houvo concursos de baile, carreras de sacos, tiradas de dardos, twister xigantes...etc. E un montón de premios. Está claro que, se queres pasalo ben, tes que vir a unha das festas que monta a organización Santa Kata. E como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí tendes.


Foi unha tarde soleada que axudou a mellorar o ambiente


Só o máis valentes se atreveron co Twister


A cervexa foi, sen duda, o gran éxito da tarde


Decían que eran as castañas máis ricas de todos os magostos de Santa Kata, decían...

Despois da posta do sol, a festa continuou na entrada da FCSC

Un dos participantes do concurso de baile saíu mal parado, consecuencia da emoción...

A carreira de sacos, non podía faltar!


Ganador da Porra de Santa Kata

Bueno chicos, a semán pasada Raúl, con DNI ganou a porra de Santa Kata. Cando queiras, Raul, vente co teu DNI á zona de apostas a recoller o teu premio, 80 euros!!! Noraboa Raúl. 

 E Esta semán seguimos! Aposta nos partidos Barcelona - Villareal e Sporting -  Real Madrid!



Moita sorte e ánimo!

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Vuelve la Porra de Santa Kata

Tal como vos decíamos, cada semán habrá dous novos partidos polos que apostar. Acudide o mércores e o xoves pola mañá á zona de apostas (entrada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación) e apostade por tan só un euro os resultados de esta semán. Recorda que temos un bote de 40€ xa que non huvo ningún ganador a semán pasada, ¿quen se esperaba un 5-0?


Esta semán os partidos elexidos son:
Real Madrid - Atlético de Madrid 
Sevilla - Valencia


Sorte e ata mañá!




domingo, 31 de octubre de 2010

Magostooooo

Sei que todos o estábades esperando! Por fin, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, o Magosto Oficla de Santa Kata. Se os asiduos do Crème creedes que as festas ata ahora foron do mellorciño, todavía non vichedes nada! Convidámosvos a todos, estudies o que estudies, sexas de onde sexas, a acudir o xoves a partir das 12 do mediodía á nosa Facultade. Esta será a primeira das grandes festas de Pontevedra, prometido.



Ademáis de un montón de xogos tradicionáis, apostas, etc etc, se a media tarde tendes  calor  (si, por increible que pareza, dan sol para o xoves) poderedes hidratarvos con refrescos, cerveza ou, se eres máis atrevido, chupitos ós que xa estades acostumados. Os prezos serán inmellorables! Esta vez, non podes faltar.

domingo, 24 de octubre de 2010

Benvidos ás Porras de Santa Kata!

Gústavos o fútbol? se é así, estades de sorte, porque ahora en Santa Kata Publicidad inauguramos as Porras Oficiales! É sencillo, 2 partidos - 1 euro, se acertas os resultados, levas o bote! convence ós teus amigos! canta máis xente, máis ganas! para apostar, tan so tes que ir ás zonas de apostas na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación os mércores de 12 a 13 h. e os xoves de 11 a 13 h. Búscanos xa esta semán cos dous primeiros partidos! Barcelona - Sevilla, Valencia - Zaragoza. 

Moita sorte a todos!


Ganador do logo de Santa Kata

Benqueridos compañeiros de fechorías nocturnas, teño o pracer de mostrarvos ó gañador do reñido concurso do Logo de Santa Kata. O gañador foi escollido na última reunión da organización de Santa Kata, e trátase de David Cegarra, estudante de 3º de Publicidade e Relacións Públicas que tivo a ben facer varias variacións para que o logo sexa adaptable a calquer tipo de medio. Cal das variacións vos gusta máis?





Ademáis, outra boa noticia é que os nosos compañeiros de Audiovisuais tamén acudiron á votación, polo que este logo convertiuse no logo oficial de toda a organización de Santa Kata!

martes, 19 de octubre de 2010

Xa chegou o descanso!

E con esta, VOLVEMOS! Xa pasaron dúas semans dende a última festa de Publicidade, e sabemos que estades desexando volver a pasar polo Crème! Ademáis, tamén sabemos que vos encanta disfrazarvos, así que por que non acudir á Festa Pin Up!


Volven os chupitos a 1€, e esta vez, indiscriminadamente, sexas home ou muller, sexas pin up ou rarito, podrás emborracharte a conciencia cos nosos chupitos. Ademáis, temos copas a 3,50 ata as 3.30. Alguen necesita máis para vir a esta festa? Xa vos convencín no? Por si acaso aquí vos deixo unhas cuantas fotos da última festa, a ver se vos vou abrindo o apetito!

Toma Rave!

O de atrás estropeou a foto... intentádeo de novo o xoves!


Casi van sincronizados...


Canta felicidade, eso solo pode pasar en unha Publifesta!

martes, 5 de octubre de 2010

Festa "Busca a túa parella"

Este xoves, como non podía ser menos, volvemos a facer festa no Crème. Esta vez, busca á tua parella e tendrás como recompensa un chupito gratis. Ademáis, volven os chupitos a 1€ para todos os asistentes á festa, así como as copas a 3,50 ata as 3.30. Sabemos de sobra que este venres hai clase, pero a quen lle importa? 



Ah si, tamén vos deixo un par de fotos máis da festa do xoves pasado, de propina...

O photocall, que tamén foi usado


A nosa fantástica mesa de chupitos, recordade que este xoves regresa!


Festa Black & White

O xoves pasado celebrouse no Crème a festa Black & White. A resposta da xente foi bastante mellor da esperada, e o local encheuse da roupa branca e negra da xente que quería tomar os chupitos a 1€. Como ven sendo costume, o ambiente foi inmellorable, con un montón de xente con ganas de beber e pasalo ben. Se todavía non viñeches a ningunha festa de Publicidade, sinceramente, é hora de que te estrenes! Como sempre, aquí vos deixo un par de fotos da festa!


Había Photocall, pero gustáballes posar máis casual


Coherencia cromática ata detrás da barra.


Canto alcohol...digooo amor...

Non vos esquezades de que as festas de Publicidade non fixeron máis que empezar. Este xoves volvemos á carga ca festa "encontra á tua parella", e tamén quero recordarvos que sigue en marcha o concurso para obter o primeiro logo de Santa Kata.

lunes, 4 de octubre de 2010

I Concurso Logo de Santa Kata

Gústache o diseño gráfico? Pois estás de sorte. Este ano a organización de Santa Kata pon en marcha o I Concurso "Diseña el logo de Santa Kata". O ganador do concurso non só levara un kit completo de Santa Kata (camiseta+gorro). Ademáis, a súa creación será a imaxe oficial de Santa Kata Publicidad 2011, ademáis de encabezar este fantástico blog! ;). 

Pode participar no concurso calquer persoa do colectivo universitario da Uvigo. Tan só tes que diseñar o logo e mandalo ó noso correo: santakata2011@gmail.com xunto cos teus datos persoais (nome e apelidos, e-mail, teléfono e titulación e curso) O prazo remata o día 15 de outubro. Animádevos e moita sorte!



viernes, 1 de octubre de 2010

Unha festa épica

Esta entrada chega con algo de retraso, pero xa se sabe que o bo faise esperar. E dende logo, a festa do sombreiro do martes pasado foi do bo, o mellor! A grandísima resposta da xente á nosa convocatoria foi a sopresa máis agradable da noite. Se ve que nos gusta descansar ó día seguinte, pois tivemos en crème un ambiente inmellorable en unha das noites máis concurridas que recordo. O local encheuse de sombreiros, gorros e tocados de todo tipo, cada un máis original que o anterior. Certamente, non esperabamos ver na cabeza dos asistentes embudos, happy meals, cerdos, cartas... Non nos queda máis que felicitar ós seus respectivos donos pola súa orixinalidade! O final os ganadores do premio ó sombreiro máis orixinal foi un curioso trío de faros. Bueno, como din que unha imaxe vale máis que mil palabras, e no fondo o que queredes é ver fotos, mirade despois do salto!




Como decíamos, non sabíamos que estas cousas servían para poñer na cabeza!


O happy meal do que vos falaba, estaba fantástico


A festa era de sombreiros, pero bueno...


Non faltaban os clásicos cowboys


Un dos ganadores da noite

Se queredes ver todas as fotos do martes, non deixedes de visitar o noso tuenti. Tamén estamos en facebook e en twitter!






jueves, 30 de septiembre de 2010

Fiesta Black&White

Sabemos perfectamente que despois da gran festa de onte estades todos cansadísimos, esa era unha das razóns secretas que tiñamos para facer a festa un martes, así, mañan pola noite, estaredes todos completamente recuperados para acudir á seguinte Publifesta. Así que aquí vos presento a "Black & White Party"!!



Mañá xoves, pola noite, a partir das 00.00 esperámosvos no voso pub favorito, o crème, por suposto. Teredes copas a 3.50 ata as 03.30. Ademáis, tamén poderedes beber uns fantásticos chupitos que, si acudes vestido como Deus manda, de branco e negro, tan só vos costarán 1€! A que estades esperando? Vémonos mañan no Crème!

domingo, 26 de septiembre de 2010

Publi se pone el sombrero

Este mércores, gracias á folga xeral, imos facer dúas das cousas que máis nos gustan en este mundo: protestar e non ir a clase. Para celebralo, o martes terá lugar no Pub Creme a segunda Publifesta do curso: "Publi se pone el sombrero"

Trae posto o sombreiro ou tocado máis orixinal que se che ocurra e podrás ganar unha ronda de 10 chupitos para ti ou para quen ti queiras! 


Que todavía non sabes onde é o Crème? pois deberías poñerte ó día, porque é o novo local de moda dos mércores (e dos martes a partir de ahora) en Pontevedra. De tódolos xeitos non te preocupes, dende a organización non queremos poñer trabas, así que despois do salto deixámosvos un mapa da zona, para que non teñas problemas en chegar ata alí. 






Primeira Publifesta

O venres pasado, con motivo da inauguración do curso 2010-2011, o decano da nosa facultade decidiu que as clases debían suspenderse. Dende a organización de Santa Kata non podíamos estar máis de acordo con esa decisión. E para celebralo, decidimos celebrar a primeira publifesta o xoves á noite.



A festa "Mañana no hay clase" foi a primeira de moitas que temos pensado organizar ó longo de este curso para animar as noites pontevedresas. Debido ó escaso tempo do que dispuxemos para preparar o evento, a festa non tivo tanta publicidade como nos gustaría. Sin embargo, a festa foi todo un éxito e conseguimos encher o Pub Salvaje (ó que lle agradecemos a súa colaboración). Despois do salto podedes ver algunhas fotos da noite. 



Javi Crank sempre é unha aposta segura

A concurrida entrada do salvaje

Ás festas de publi acude xente dende Sarria e incluso Lituania!

David grita pola emoción que lle causa a festa

Un dos "grandes inventos" da noite...



Benvidos

Benvidos ó blog oficial de Santa Kata 2011. En este espazo iremos informándovos de tódolos eventos relacionados coa organización. Dende festas universitarias, concertos e concursos a actividades culturais e calquera outra información de ineterese. Esperamos veros a miudo por aquí. Ánimo que o curso promete ser movido!