miércoles, 2 de febrero de 2011

Hace mucho, mucho tiempo....

Ainss queridos amigos, fai tanto tempo que non actualizamos este blog (entre exames, nadal...etc) que xa non sabemos por donde empezar a contarvos todas as cousas que pasaron! Tivemos o Fin de Ano universitario, ca festa máis grande que fixemos en Creme ata o momento; tivemos a publicena, con un montón de futuros publicistas vestidos de gala; empezamos a vender as sudaderas de Santa Kata, pero eso é outra historia que se merece un post aparte; e, cando todos rematamos os exames, celebrámolo como mellor sabemos, con outra festa. 

Para non remontarnos moi atrás no tempo, e falar de algo que non sobrecargue en exceso as nosas neuronas atrofiadas polos exames, oxe recordaremos como foi a festa do xoves pasado, esa que ós nosos creativos deuselles por chamar  "Libres domingos y domingas". Decidimos que unha ocasión tan especial como o fin de exames tiña que celebrarse por todo o grande, así que fixemos doblete, festa mércores e xoves. O resultado foi dous días consecutivos de inxentes cantidades de alcol e diversión. Como unha imaxe vale máis ca mil palabras, aquí vos deixo unhas cuantas fotos!


Este era o espírito de liberación que se vivía no Créme


Mira que ben o pasan!


Ata as camareras son felices nas Publifestas!

Bebede bebede que estades na idade...

No hay comentarios:

Publicar un comentario