martes, 5 de octubre de 2010

Festa Black & White

O xoves pasado celebrouse no Crème a festa Black & White. A resposta da xente foi bastante mellor da esperada, e o local encheuse da roupa branca e negra da xente que quería tomar os chupitos a 1€. Como ven sendo costume, o ambiente foi inmellorable, con un montón de xente con ganas de beber e pasalo ben. Se todavía non viñeches a ningunha festa de Publicidade, sinceramente, é hora de que te estrenes! Como sempre, aquí vos deixo un par de fotos da festa!


Había Photocall, pero gustáballes posar máis casual


Coherencia cromática ata detrás da barra.


Canto alcohol...digooo amor...

Non vos esquezades de que as festas de Publicidade non fixeron máis que empezar. Este xoves volvemos á carga ca festa "encontra á tua parella", e tamén quero recordarvos que sigue en marcha o concurso para obter o primeiro logo de Santa Kata.

No hay comentarios:

Publicar un comentario