Un día tan esperado polos solteiros do mundo non podía pasar desapercibido pola nosa organización! Así que como sabemos que estades desexando celebrar este día como se merece, convidámoste, como é costume, a que veñas a atopar parella ó Creme. A mecánica é sinxela. Nós repartimos tarxetas. Se atopas á túa parella, repartimos chupitos gratis para ambos, para fomentar o amor! Que non atopas a esa parella ideal? Pois que eso non te preocupe! xa sabes que somos xente de ben, e nos gusta que bebades a gusto... Podrás disfrutar dos prezos de sempre: chupitos a 1€ e copas a 3.50€!!
miércoles, 9 de febrero de 2011
miércoles, 2 de febrero de 2011
Hace mucho, mucho tiempo....
Ainss queridos amigos, fai tanto tempo que non actualizamos este blog (entre exames, nadal...etc) que xa non sabemos por donde empezar a contarvos todas as cousas que pasaron! Tivemos o Fin de Ano universitario, ca festa máis grande que fixemos en Creme ata o momento; tivemos a publicena, con un montón de futuros publicistas vestidos de gala; empezamos a vender as sudaderas de Santa Kata, pero eso é outra historia que se merece un post aparte; e, cando todos rematamos os exames, celebrámolo como mellor sabemos, con outra festa.
Para non remontarnos moi atrás no tempo, e falar de algo que non sobrecargue en exceso as nosas neuronas atrofiadas polos exames, oxe recordaremos como foi a festa do xoves pasado, esa que ós nosos creativos deuselles por chamar "Libres domingos y domingas". Decidimos que unha ocasión tan especial como o fin de exames tiña que celebrarse por todo o grande, así que fixemos doblete, festa mércores e xoves. O resultado foi dous días consecutivos de inxentes cantidades de alcol e diversión. Como unha imaxe vale máis ca mil palabras, aquí vos deixo unhas cuantas fotos!
| Este era o espírito de liberación que se vivía no Créme |
| Mira que ben o pasan! |
| Ata as camareras son felices nas Publifestas! |
| Bebede bebede que estades na idade... |
jueves, 18 de noviembre de 2010
Mañá, festa Catro Ollos
A organización de Santa Kata non descansa! Por se non te enteraras, mañá, como todos os xoves, volvemos a facer festa no Créme. Será a Festa Catro Ollos. Achégate ata alá cas gafas máis orixinais que se te ocurran e podrás ganar unha ronda de chupitos gratis! Ademáis, como sempre, teremos copas a 3.50 ata as 3.30 da mañá e os vosos queridos chupitos a 1 €uro!
E por se todavía te estás pensando o de vir á festa ou non, deixovos un par de fotos da festa do xoves pasado, para ir abrindo apetito!
| Aquí tendes a todo un Dandy de Texas! |
| Outro gran photocall! |
| Festa Las Vegas, non flamenca, pero bueno... |
| Quen di un par de fotos, di catro... |
PD: Mañá todavía podedes apostar na Porra de Santa Kata. Esta semán, Real Madrid - Athletic e Villareal - Valencia. Xa hai 30 euros de bote! Sorte!
miércoles, 10 de noviembre de 2010
Festa Las Vegas
Mañan, como xa ven sendo costume, celebraremos unha nova publifesta no Crème, a Festa Las Vegas. Trae a túa carta e entrarás no sorteo de un fantástico maletín de Poker. Por se eso fora pouco, teremos os chupitos de sempre e as copas a 3.50 ata as 3.30 da mañá. Ademáis, a lista de música será temática! Sabemos o que vos gusta, así que, fai falta que vos contemos máis? Esperámosvos a todos no Crème, amigos!
Quen non foi ó magosto?
Xa tiñades ganas de ver unhas cuantas fotos do xoves pasado verdade? Foi unha festa increíble. Moitos bocadillos, moitas castañas, moitas filloas e moitas, moitísimas cervezas! Estivemos con música dende as 12 do mediodía ata as 9 da tarde. Houvo concursos de baile, carreras de sacos, tiradas de dardos, twister xigantes...etc. E un montón de premios. Está claro que, se queres pasalo ben, tes que vir a unha das festas que monta a organización Santa Kata. E como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí tendes.
| Foi unha tarde soleada que axudou a mellorar o ambiente |
| Só o máis valentes se atreveron co Twister |
| A cervexa foi, sen duda, o gran éxito da tarde |
| Decían que eran as castañas máis ricas de todos os magostos de Santa Kata, decían... |
| Despois da posta do sol, a festa continuou na entrada da FCSC |
| Un dos participantes do concurso de baile saíu mal parado, consecuencia da emoción... |
| A carreira de sacos, non podía faltar! |
Ganador da Porra de Santa Kata
Bueno chicos, a semán pasada Raúl, con DNI ganou a porra de Santa Kata. Cando queiras, Raul, vente co teu DNI á zona de apostas a recoller o teu premio, 80 euros!!! Noraboa Raúl.
E Esta semán seguimos! Aposta nos partidos Barcelona - Villareal e Sporting - Real Madrid!
Moita sorte e ánimo!
miércoles, 3 de noviembre de 2010
Vuelve la Porra de Santa Kata
Tal como vos decíamos, cada semán habrá dous novos partidos polos que apostar. Acudide o mércores e o xoves pola mañá á zona de apostas (entrada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación) e apostade por tan só un euro os resultados de esta semán. Recorda que temos un bote de 40€ xa que non huvo ningún ganador a semán pasada, ¿quen se esperaba un 5-0?
Esta semán os partidos elexidos son:
Real Madrid - Atlético de Madrid
Sevilla - Valencia
Sorte e ata mañá!
Esta semán os partidos elexidos son:
Real Madrid - Atlético de Madrid
Sevilla - Valencia
Sorte e ata mañá!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




