O pasado fin de semán, abriuse o prazo para a presentación de diseños ó concurso da camiseta de Santa Kata, as bases, ó igual que todos os anos, estipulaban como premio o Kit de Santa Kata e como método de selección, sufraxio entre todos os estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Unha vez cerrado o prazo, xa temos 16 propostas que optan ó premio. O mércores 6 ata as 6 da tarde e o xoves 7 ata as 2, estarán todos os diseños espostos na FCSC, así como unha urna dispoñible para que todos podades votar!
Sen máis, déixovos unha foto de cada diseño!
Compañeiras e compañeiros de SantaKata Publicidade 2011. Alédame e sorpréndeme ao mesmo tempo, que escollerades o galego como lingua vehicular nas vosas publicacións do vixente blogue. Non obstante, véxome na obriga de facermos un par de suxerencias de aquí a que remate a tempada de SantaKata.
ResponderEliminarRepito, alédame enormemente que escollerades o galego, columna vertebral do noso pobo e símbolo da nosa identidade individual e colectiva. Malia todo, podemos atopar ao longo de todo o texto, innumerábeis grallas ortográficas que non denotan máis que descoñecemento e falla de uso do devandito idioma. Paso deseguido, a enumerar -desculpade se esquezo algunha- as nomeadas grallas:
1. *Semán - hiperenxebrismo habitualmente empregado por castelán falantes ou neofalantes. Verba correcta: SEMANA (feminina)
2. *Diseños(x3) - castelanismo. Verba correcta DESEÑOS
3. *Facultad - castelanismo. Verba correcta FACULTADE
4. *Oxe - non podería categorizala. Verba correcta: HOXE
5. *Espostos - idem. Verba correcta: EXPOSTOS, de expoñer
6. *FCSC - idem. Verba correcta: Fac. de CC.SS e da Comunicación
7. *Podades - podemos consideralo un trazo dialectal. Verba correcta: POIDADES
Sen querer en ningún caso, resultar pedante, agardo que as correccións vos sirvan para non cometer de novo estas grallas e así, axudarvos a coñecer un pouco máis o noso idioma.
Un saúdo.