Xa tiñades ganas de ver unhas cuantas fotos do xoves pasado verdade? Foi unha festa increíble. Moitos bocadillos, moitas castañas, moitas filloas e moitas, moitísimas cervezas! Estivemos con música dende as 12 do mediodía ata as 9 da tarde. Houvo concursos de baile, carreras de sacos, tiradas de dardos, twister xigantes...etc. E un montón de premios. Está claro que, se queres pasalo ben, tes que vir a unha das festas que monta a organización Santa Kata. E como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí tendes.
Foi unha tarde soleada que axudou a mellorar o ambiente |
Só o máis valentes se atreveron co Twister |
A cervexa foi, sen duda, o gran éxito da tarde |
Decían que eran as castañas máis ricas de todos os magostos de Santa Kata, decían... |
Despois da posta do sol, a festa continuou na entrada da FCSC |
Un dos participantes do concurso de baile saíu mal parado, consecuencia da emoción... |
A carreira de sacos, non podía faltar! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario