Xa sabes que día é mañá, verdad?? Pois si, o máis esperado de todo o curso, por fin chega Santa Kata a Pontevedra. E este ano, vimos cargados de novidades! Para empezar, este ano cambiouse a ubicación da festa. Por problemas de aforo, transladouse ó recinto ferial de Pontevedra, con unha capacidade maior para albergar a visitantes! Para os que veñen dende fora de pontevedra, está en dirección ó Campus, pero 5 minutos a pe antes.
Como todos os anos anteriores, a festa comezará as 12.00, hora na que abriremos as barras. Aquí vos deixo a lista de prezos:
-CAÑAS, augas e refrescos 1 eurillo
-LITRO de cervexa e mocho 3,50
-RED BULL 1,50
-BOCATAS de tortilla, lomo con queixo e criollo 2,50
-FILLOAS de postre 1 euro
Ademáis, tamén as 12 habilitaremos 2 futbolíns para os aficionados de este deporte!
Pola tarde, o ambiente será alegrado por Dj´s, que nos traerán algunha que outra sorpresiña, e os seguintes concertos, que comezarán as 15.00:
15:00-15:45 All Less One
16:00-16:45 Funk'n Bastards
17:00-17:45 The Inspectors
18:00-18:45 The Siberets
19:00-19:45 De Buena Tinta
E como ven sendo habitual, podrás comprar a túa equipación oficial para Santa Kata a prezos increíbles e en unha zona que habilitaremos para tal fin! os prezos son:
Camiseta 6.5€
Sombreiros: 3.5€
Mecheiro: 1€
Kit (Camiseta, sombreiro, mecheiro e mochila): 10€
Kit sen mochila: 8.5€
Boa festa queridos lectores, e que a Forza sexa con vos!
Onde se celebra? Eu chego en tren á estación de trens, queda moi lonxe como para ir a pé?
ResponderEliminarEn frente do estadio de Pasarón, ti pregunta polo estadio que non ten perda. En 20, 25 minutos chegas a pé.
ResponderEliminarGraciñas! Polo que vin en Pontevedra hai dúas estacións, en cal baixo? en "pontevedra" ou en "pontevedra universidade"?
ResponderEliminar